“O viño que sabe a festa” nomeado aos Mestre Mateo (PMM13)

Aínda que moitos de vós xa o sabedes, o venres pasado recibimos a feliz noticia de que “O viño que sabe a festa” vai participar na vindeira edición dos Premios Mestre Mateo na categoría de Mellor anuncio publicitario.

Non fai falta que diga que estou contentííííííísimo, non só pola parte que me toca a mín e a todo o equipo técnico, senón, e sobre todo, por todos os veciños de Cambados que participaron no proxecto, que seguro que tamén están a celebrar a noticia porque a eles tamén lles corresponde un cachiño deste recoñecemento (O do cachiño non é literal, eh! Se o levamos, nada de rompelo para repartilo).

E por suposto, tamén, e dunha maneira destacada, noraboa e grazas unha vez máis a Escuchando Elefantes, grandísimo grupo e protas indiscutibles deste primeiro spot (despóis da Festa do Albariño, claro. Jaja)

Así que o día 6 de abril sintonzamos TVG e todos atentos á pantalla.

Podedes botarlle unha ollada á listaxe definitiva dos nomeados na seguinte dirección: http://www.academiagalegadoaudiovisual.com/attachments/listaxe_nomeados_PMM.pdf

Saúde!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s